Convair 990 Coronado
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Convair 990 Coronado é un reactor de pasaxeiros catrimotor de fuselaxe estreita producido pola compañía estadounidense Convair, unha división de General Dynamics. Trátase dunha versión alongada do Convair 880 producido en resposta a un requirimento da aeroliña American Airlines. O 990 tiña 3 metros máis que o 880, incrementando o número de pasaxeiros de entre 88 e 110 ata os 96-121 no 990, dependendo da configuración. Aínda así estaba por debaixo da capacidade de modelos contemporáneos como o Boeing 707 (110 a 189) ou o Douglas DC-8 (105 a 173), sendo de 40 a 56 km/h máis rápido a velocidade de cruceiro.