![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b6/Punk_Fashion_collage.jpg/640px-Punk_Fashion_collage.jpg&w=640&q=50)
Contracultura
From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase contracultura aos valores, tendencias e formas sociais que chocan cos estabelecidos dentro dunha sociedade.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b6/Punk_Fashion_collage.jpg/640px-Punk_Fashion_collage.jpg)
Aínda que hai tendencias contraculturais en todas as sociedades, o termo contracultura úsase especialmente para referirse a un movemento organizado e visíbel cuxa acción afecta moitas persoas e persiste durante un período de tempo considerábel. Así pois, unha contracultura é a realización, máis ou menos plena, das aspiracións e soños dun grupo social marxinal. Podemos considerar exemplos como o romanticismo do século XIX, a bohemia que se inicia no século XIX e dura até hoxe, a Xeración Beat norteamericana dos anos cincuenta, os movementos contraculturais dos sesenta, o movemento punk de finais dos setenta, a Movida madrileña en España ou a Movida viguesa en Galiza.