Constitución portuguesa de 1976
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Constitución da República Portuguesa de 1976 é a actual constitución portuguesa. Foi elaborado pola Asemblea Constituínte elixida tras as primeiras eleccións xerais libres no país o 25 de abril de 1975, no 1º aniversario da Revolução dos Cravos. Os seus deputados concluíron os traballos o 2 de abril de 1976, data da súa aprobación, entrando en vigor a Constitución o 25 de abril de 1976. Nas súas orixes, a Constitución tivo unha forte tendencia socializante, que se arrefriou nas sucesivas revisións constitucionais que adaptaron Portugal aos principios da economía de mercado vixentes na Unión Europea.
Constituição da República Portuguesa | |
---|---|
Data | 1976 |
Ratificación | 25 de abril |
Localización | Lisboa |
Autores | Assembleia Constituinte |
Até o momento, a Constitución de 1976 é a constitución portuguesa máis longa que entrou en vigor, con máis de 32.000 palabras (na versión actual). Levando máis de 40 anos en vigor e recibindo 7 revisións constitucionais (en 1982, 1989, 1992, 1997, 2001, 2004 e 2005), a Constitución de 1976 xa sufriu máis revisións constitucionais que a Carta Constitucional de 1826, a constitución portuguesa que estivo en vigor máis tempo: durante 72 anos (que, cunhas 7000 palabras na versión orixinal, só recibiu 4 revisións).