Constitución de Melfi
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Constitución de Melfi (tamén coñecida como Constitucións de Melfi e como Liber augustalis) constitúe unha, pero tamén das máis rendíbeis, das realizacións de Frederico II Hohenstaufen. Foi promulgada, para o Reino de Sicilia, o 1 de setembro de 1231, por este emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, que tamén foi rei de Sicilia, de Chipre e de Xerusalén, no castelo de Melfi (hoxe na provincia de Potenza, Basilicata), e recollida no Liber augustalis.
![]() |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/62/Palazzo_Reale_di_Napoli_-_Federico_II.jpg/640px-Palazzo_Reale_di_Napoli_-_Federico_II.jpg)
Trátase dunha serie de leis e normas que rexen a convivencia. Esta norma estivo vixente no Reino de Sicilia, así como no seu territorio dentro do Reino de Nápoles e no das Dúas Sicilias até o ano 1816.
Admirador de Augusto, Frederico II, coa axuda do seu chanceler Pierre des Vines, redactou un conxunto de leis chamado Liber augustalis. Este código promulgouse o 1 de setembro de 1231 no castelo de Melfi, na cidade de Melfi, polo que tomou o nome de "Constitucións de Melfi".
Este Liber Augustalis considérase tamén como a primeira colección de leis e regulamentos relacionados coa fabricación de medicamentos.