From Wikipedia, the free encyclopedia
O Conservatorio Nacional Superior de Música e Danza de París (CNSMDP) é unha institución pública de carácter administrativo, que ten a súa orixe no Conservatoire de musique fundado o 3 de agosto de 1795 (16 de termidor, ano III) pola Convención. O CNSMDP ofrece ensino profesional de música, danza e outras materias relacionadas.
Conservatorio de París | |
---|---|
Acrónimo | CNSMDP |
Tipo | grande école e conservatorio |
Data de fundación | 3 de agosto de 1795 |
Fundador(es) | Bernard Sarrette |
Presidente/a | Stéphane Pallez (pt) (2020-) |
Director/a | Émilie Delorme |
Nº de empregados | 388 (2020) |
Orzamento | 28000000 euros |
Sede | 19.º arrondissement de Paris |
País | Francia |
48°53′20″N 2°23′27″L | |
Na rede | |
http://www.conservatoiredeparis.fr/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lois XIV crea a Academia Real de Música por decreto do 28 de xuño de 1669. A Academia está relacionada coa Casa do Rei. Por outra banda, o Consello de Estado do rei do 3 de xaneiro de 1784 funda a Escola Real de Canto e Declamación que se instala no Hôtel des menus plaisirs. Estas dúas institucións son os primeiros signos dunha vontade de estruturar e de tomar en serio o ensino das artes dramáticas e musicais.
Á Escola Real de Canto e Declamación, a Revolución engade unha Escola Municipal de Música (1792). A estes dous establecementos sucede, o 8 de novembro de 1793 (18 de brumario do ano II), o primeiro bosquexo dun establecemento único adicado á formación de músicos: o Instituto Nacional de Música, fundado por un decreto da Convención Nacional e dotado dun presuposto distinto, baixo a dirección de François-Joseph Gossec.
Apenas dous anos máis tarde, a Convención Nacional decide por unha lei do 3 de agosto de 1795 (16 de termidor do ano III) o establecemento do Conservatorio de Música no lugar do Instituto Nacional de Música. A nova estrutura é administrada por unha xunta directiva composta por Gossec, Méhul e Cherubini, con Bernard Sarrette no cargo de comisario encargado da organización. O ensino limítase ás disciplinas instrumentais, particularmente cordas e ventos.
En 1800 Sarrette faise cargo da institución, e as ensinanzas do Conservatorio esténdense tamén á arte dramática e á danza. En 1806 François-Antoine Habeneck crea a orquestra de alumnos e ese mesmo ano, o Conservatorio pasa a chamarse Conservatorio de Música e Declamación, denominación que será conservada, con algunha excepción, ata 1934, cando a institución será bautizada como Conservatorio Nacional de Música e Arte Dramática.
Pechado no tempo da Restauración borbónica debido á súa orixe revolucionaria, o Conservatorio, dende 1816, foi transformado na Escola Real de Música e Declamación baixo a administración dun inspector xeral, François-Louis Perne. Este troco tradúcese en reducións do número de mestres e actividades. A institución non recobrará a súa consideración ata 1822, cando Cherubini é nomeado director. No entanto, haberá que agardar ata 1830 para ver o nome de Conservatorio oficializado de novo.
Cherubini estruturará a institución en formas que son aínda hoxe recoñecibles: instauración dun sistema de concurso de entrada e saída, elaboración de métodos oficiais de ensino, apertura cara a un número máis grande de instrumentos (piano, arpa, contrabaixo, trompeta, canto etc.).
Nesta época, as escolas de música de Lille e Tolosa son relacionadas co Conservatorio por Orde do 20 de decembro de 1826 e en 1850 é promulgado un regulamento de réxime interno.
Os sucesores de Cherubini á fronte do Conservatorio, Esprit Auber (1842-1871), Ambroise Thomas (1871-1896), Théodore Dubois (1896-1905), Gabriel Fauré (1905-1920), Henri Rabaud (1920-1941) e Claude Delvincourt (1941-1946), desenvolverán o Conservatorio de Música e Declamación a un grao que o fará un punto de referencia e excelente do ensino musical en toda a Europa. En 1864 fúndase o Museo de instrumentos musicais e en 1905, un decreto detalla a organización do Conservatorio, os nomeamentos, os tratamentos, os adiantos e as penas disciplinarias do corpo docente e administrativo, a organización dos exames, incluso a composición dos xurados de admisión. As disciplinas ensinadas amplíanse á escrita musical, a historia da música e a novos instrumentos (órgano, viola, clarinete). Os profesores son músicos ou compositores de gran prestixio, e a súa influencia marcará duraderamente a vida musical europea, mentres que os xurados do concurso se abren ás personalidades alleas á institución como (Debussy, Ravel, Dukas, Messager).
En 1946, as actividades de arte dramática do Conservatorio de Música e Declamación foron obxecto dunha reestruturación independente, separándose desta institución o Conservatorio Nacional Superior de Arte Dramática de París, mentres que as actividades musicais e de danza foron reagrupadas no Conservatorio Nacional Superior de Música e Danza de París. Esta institución tamén ten sede na cidade de Lión.
Baixo o impulso dos seus directores Marcel Dupré (1954-1956), Raymond Loucheur (1956-1962) e Raymond Gallois-Montbrun (1962-1983) foron ampliados os seus plans de estudo, introducindo novas disciplinas e establecendo os ciclos de perfeccionamento, inaugurados con master classes impartidas polos máis grandes instrumentistas do momento (Mstislav Rostropóvich, Christa Ludwig, Wilhelm Kempf etc).
En 1984 comezou o traslado do Conservatorio á coñecida como Cité de la musique, realizada polo arquitecto Christian de Portzamparc, no XIX Distrito. Os novos locais foron inaugurados en 1990 e conteñen, sobre 15.400 m² (34.000 m² de campus), 78 aulas, 70 estudios de traballo, 3 salas de exames e de concurso, 7 salas para orquestra, 3 salas públicas, unha sala de órgano, unha sala de arte lírica, o espazo Maurice Fleuret, un centro de música electroacústica e espazos comúns. Acolle a máis de 1.200 estudantes e as súas ensinanzas están estruturadas, con 350 mestres, en 9 departamentos:
A tutela administrativa do Estado sobre o CNSMDP é exercida pola Dirección de Música, de Baile, de Teatro e dos Espectáculos, Subdirección da Formación Profesional e das Empresas Culturais, do Ministerio da Cultura e da Comunicación.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.