![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a0/Cone_cell_en.png/640px-Cone_cell_en.png&w=640&q=50)
Cono (célula)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os conos[1] da retina do ollo humano e doutros vertebrados son células fotorreceptoras responsables da visión das cores. A densidade de conos non é igual en toda a retina; hai un gran número deles na fóvea, pero o seu número diminúe gradualmente cara á periferia da retina.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a0/Cone_cell_en.png/640px-Cone_cell_en.png)
Unha cifra moi citada sobre a cantidade de conos da retina humana é a de seis millóns, que foi establecida por Osterberg en 1935.[2] Pero en obras máis modernas, como o texto de Oyster (1999)[3] cítanse as cifras obtidas por Curcio et al. (1990) que dan un total de 4,5 millóns de conos como media na retina humana (acompañados de 90 millóns de bastóns).[4]
Os conos son menos sensibles á luz cós bastóns, polo que necesitan funcionar a intensidades de luz relativamente altas (dos bastóns depende a visión nocturna), pero os conos permiten a percepción das cores. Tamén poden percibir detalles visiuais fiinos e os cambios rápidos nas imaxes, porque o seu tempo de resposta aos estímulos é máis rápido co dos bastóns.[5] Os humanos temos unha visión tricromática porque normalmente temos tres tipos de conos con diferentes fotopsinas, que presentan diferentes curvas de resposta e responden á variación de cor de distinta forma. Isto pode cambiar en casos de cegueira para as cores, e naqueles casos raros de persoas que teñen catro ou máis tipos de conos, o que lles dá unha visión tetracromática.[6][7][8] A destrución dos conos por unha enfermidade causa cegueira. Un estudo feito en ratos que foron inxectados con opsinas nas súas retinas demostrou que existía actividade retinal cos sinais luminosos tres meses máis tarde.[9]