verme informático From Wikipedia, the free encyclopedia
Conficker, tamén coñecido como Downup, Downadup e Kido, é un verme informático que ataca ó sistema operativo Microsoft Windows e que foi detectado por primeira vez en novembro de 2008. Conficker explota unha vulnerabilidade no servizo Windows Server usado por Windows 2000, Windows XP, Windows Vista, Windows Server 2003, Windows Server 2008, e o beta de Windows 7 que lle permite roubar o contrasinal do usuario por medio dunha combinación de técnicas avanzadas que o fai difícil de contrarrestar, difundíndose rapidamente. Existen catro variantes do verme, coñecidas como Conficker A, B, C e D e máis de 300 minivariantes, presumiblemente realizadas por crackers.
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
A pesar que Microsoft publicara un parche para reparar o fallo explotado polo verme o 15 de outubro de 2008, Heise Online estima que afectou un mínimo de 2 500 000 de ordenadores ata o 15 de xaneiro de 2009, en tanto que The Guardian deu unha estimación de 3 500 000. O 16 de xaneiro de 2009, o F-Secure declarou que Conficker infectara nove millóns de ordenadores, considerándoa a segunda infección de verme informático máis importantes tras a de SQL Slammer en 2003. o 13 de febreiro de 2009 Microsoft ofreceu unha recompensa de 250.000 dólares a quen axudase na busca e arresto dos creadores do verme.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.