Confederación Gaya
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Confederación Gaya (tamén chamada "Garak" e "Gara") foi un estado menor da península de Corea, no val do Nakdong, na época denominada dos "Tres Reinos" (primeiros séculos da nosa era). Estes reinos eran Silla (ou Shilla), Goguryeo, e Baekje.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2023.) |
Consistía nunha confederación de moitos estados controlados por un xefe local co título de "Wang" (Rei). Orixinalmente foron nove, mais coñécense só algúns como Geumgwan (Bon) Gaya, ou Dae (Mioyama) Gaya. Tivo unha existencia autónoma entre o 42 e o 532, ano no que foi absorbida por Silla. Pouco máis se sabe acerca de Gaya (etnia, política, feitos, cronoloxía etc.).