![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d6/Londonderry_Brit_Isles_Sect_7.svg/langgl-640px-Londonderry_Brit_Isles_Sect_7.svg.png&w=640&q=50)
Condado de Derry
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Condado de Londonderry ou Condado de Derry (Doire, cuxo significado é "carballo" en irlandés) é un dos seis condados de Irlanda do Norte. Leva o nome da súa cidade máis importante. Derry, despois chamada Londonderry polos británicos. O condado ocupa unha superficie de 2.074 quilómetros cadrados e ten unha poboación de 213.000 habitantes.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Irlanda do Norte ![]() | ||||
Capital | Derry ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 247.132 (2011) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.074 km² ![]() | ||||
Bañado por | Lago Neagh, Océano Atlántico e Lough Foyle (pt) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1613 ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Pechar
O nome está suxeito á disputa política. Os nacionalistas irlandeses prefiren Derry, mentres que os unionistas prefiren Londonderry. Na República de Irlanda é empregado oficialmente o nome Derry, mentres que as autoridades británicas empregan Londonderry.