Concha Velasco
actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española / From Wikipedia, the free encyclopedia
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939 e finada en Majadahonda o 2 de decembro de 2023, foi unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2023.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Concepción Velasco Varona 29 de novembro de 1939 Valladolid, España |
Morte | 2 de decembro de 2023 (84 anos) Majadahonda, España |
Causa da morte | Linfoma |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación, canto e danza |
Ocupación | actriz , actriz de teatro , actriz de cinema , cantante , presentadora de televisión , bailarina |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Cónxuxe | Paco Marsó (1977–2005), divorcio |
Premios
| |
|
Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca. Posteriormente debuta como vicetiple na de Celia Gámez. É tía da tamén actriz, Manuela Velasco e sobriña do pintor artístico Carmelo Varona García de Mardones. Concha Velasco é unha das artistas máis respectadas e queridas de España, ademais de posuír unha das carreiras máis prolíficas e brillantes do seu país. Casou con Paco Marsó, do que se divorciou en maio de 2010, poucos meses antes do falecemento deste.
Entre xaneiro de 2011 e setembro de 2020 presentou o programa de TVE Cine de barrio en substitución de Carmen Sevilla. En 2013 recibiu o Premio Goya de honra.