Concentración (química)
proporción ou relación que hai entre a cantidade de soluto e a cantidade de disolvente nunha substancia / From Wikipedia, the free encyclopedia
En química, física e físico-química, a concentración dunha solución ou disolución é a proporción ou relación que hai entre a cantidade de soluto e a cantidade de disolvente, onde o soluto é a substancia que se disolve, o disolvente a substancia que disolve ao soluto, e a solución é o resultado da mestura homoxénea das dúas substancias anteriores. A menor proporción de soluto disolvido no disolvente, menos concentrada está a solución e, a maior proporción, máis concentrada está.
- Para outros significados véxase Concentración (homónimos)