Concello de Eslöv
From Wikipedia, the free encyclopedia
Eslöv é un municipio sueco (kommun) do condado de Escania.[1] Anteriormente formaba parte do desaparecido condado de Malmöhus. En 2022 o concello tiña 34 601 habitantes,[2] sendo o 77º municipio sueco en poboación. Dende o ano 2005 Eslöv forma arte da área metropolitana de Malmö (Stormalmö), segundo a definición do Instituto Nacional de Estadística de Suecia. A súa capital é Eslöv.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Escania | ||||
Capital | Eslöv (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 34.833 (2024) (82,02 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 424,68 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | eslov.se | ||||
Pechar
O concello atópase no centro de Escania e limita ao norte co municipio de Klippan, ao nordés co de Höör, ao leste cos de Hörby e Sjöbo, ao suroeste cos de Lund e Kävlinge e ao noroeste co concello de Svalöv.