Como
comuna italiana From Wikipedia, the free encyclopedia
comuna italiana From Wikipedia, the free encyclopedia
Como (en lombardo: Còmm) é unha cidade da Lombardía, Italia, capital da provincia de Como. Atópase a 45 km ao norte de Milán, onda o Lago de Como. A comuna de Como ten unha área de 37 km² e no 2001 tiña uns 78.315 habitantes. Foi feita polos romanos e daqueles tempos conserva o trazado urbano do centro histórico.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Lombardía | ||||
Provincias | Provincia de Como | ||||
Capital de | Provincia de Como (1859–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 83.184 (2023) (2.240,95 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 37,12 km² | ||||
Altitude | 201 m | ||||
Comparte fronteira con | Brunate (pt) Blevio (pt) Torno (pt) Montano Lucino (pt) Senna Comasco (pt) Capiago Intimiano (pt) Chiasso (pt) Tavernerio (pt) Maslianico (pt) Casnate con Bernate (pt) San Fermo della Battaglia (pt) Cernobbio (pt) Lipomo (pt) Grandate (pt) Vacallo (pt) | ||||
Santo padrón | Abôndio (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Alessandro Rapinese (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 22100 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 031 | ||||
Identificador ISTAT | 013075 | ||||
Código catastral italiano | C933 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | comune.como.it | ||||
Ten lindes cos concellos de: Blevio, Brunate, Capiago Intimiano, Casnate con Bernate, Cavallasca, Cernobbio, Chiasso (CH-TI), Grandate, Lipomo, Maslianico, Montano Lucino, San Fermo della Battaglia, Senna Comasco, Tavernerio, Torno, Vacallo (CH-TI)
Foi unha importante cidade da Roma Antiga, fundada no século I antes de Cristo, inicialmente a cidade estabeleceuse nas montañas, pero por orde de Xulio César trasladouse á súa localización actual. A cidade foi chamada Novum Comum e tiña o status de municipio. Alcanzou o seu apoxeo no século XI. Tras ser destruída polos milaneses en 1127, foi reconstruída polo Emperador Frederico Barbarroxa, antes de incorporarse de novo a Milán en 1355.
Na Idade Media, loitou moitas veces contra Milán, tanto no período comunal como no século XV, cando caeu en mans de Francesco Sforza.
Despois do século XVI converteuse nun dos centros europeos principais onde se tecía a seda, tradición que conserva incluso agora.
En Como naceron os historiadores latinos Plinio o Vello e Plinio o Novo (século I a.de C.) e o científico Alessandro Volta (século XVIII-XIX).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Como |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.