Comisión Interamericana de Dereitos Humanos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (ou CIDH) é unha das dúas entidades do sistema interamericano de protección de dereitos humanos. Ten a súa sede en Washington, D.C.. O outro organismo do sistema é a Corte Interamericana de Dereitos Humanos. A Comisión está integrada por 7 xuristas electos a título persoal e non como representantes de ningún goberno, senón que representan aos países membros da Organización de Estados Americanos.
É un órgano da Organización dos Estados Americanos creado para promover a observancia e a defensa dos dereitos humanos ademais de servir como órgano consultivo da OEA nesta materia.