Comarca de Cabreira

From Wikipedia, the free encyclopedia

Comarca de Cabreiramap

Cabreira (en leonés: Cabreira, en castelán: Cabrera) é unha comarca situada no suroeste da provincia de León.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Modelo:Xeografía políticaComarca de Cabreira
Thumb

Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 42°20′25″N 6°32′39″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.555 (2013) Editar o valor en Wikidata (4,2 hab./km²)
Xeografía
Superficie846 km² Editar o valor en Wikidata

Pechar

Localización

É contigua á comarca do Bierzo, á comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense, e á comarca de Seabra, na provincia de Zamora. Consta de cinco concellos: A Ponte, Benuza, Encinedo (Encinéu), Castrillo de Cabrera (Castriellu) e Truchas (Trueitas). A efectos administrativos adóitase dividir en Cabreira Baixa (concellos de Encinéu, Castriellu, Benuza e A Ponte) e Cabreira Alta (Trueitas). Porén, consonte as vellas divisións medievais, distínguese entre A Ribeira (concellos da Ponte, Benuza e Castriellu), Llousada (concello de Encinéu) e Cabreira ou Cabreira l'Alta (concello de Trueitas).

Na parte máis occidental (concello da Ponte) fálase o galego, mentres que no resto da bisbarra a lingua autóctona é o leonés. A superficie da comarca é de 846 km². Segundo o INE, en 2017 tiña 3.290 habitantes, o que supón unha densidade de poboación de 3,89 hab/km², un dos índices máis baixos da Península Ibérica.

Na comarca atópanse restos dos carrís romanos que servían para levar a auga dalgúns afluentes do río Cabreira e da conca do río Ería ata as minas de ouro das Médulas, situada nas proximidades. Tamén se atopan castros prerromanos (A Ponte, Eres e Corporales).

Na actualidade, a principal e case soa actividade económica son as canteiras de lousa, que en contrapartida do benestar económico ocasionan fortes danos á paisaxe e ao medio ambiente.

Clima

O clima da comarca vén determinado por tres compoñentes principais: a altitude (entre os 376 metros da Ponte e os máis de 1200 en Forna), a influencia oceánica do Atlántico xa continentalizada, e a baixa latitude, que fan que se dean na comarca trazos climáticos mediterráneos (seca estival e temperaturas medias no verán elevadas). Conforme a estación meteorolóxica máis próxima, a media anual rolda os 12.7 graos (xaneiro 5 °C, agosto 21 °C, existen de catro a cinco meses de seca, con meses de xullo e agosto que non chegan aos 20 mm mensuais), e cunhas precipitacións totais comprendidas entre os 800 e 1100 mm, e ao redor das 2.100 horas por ano.

Thumb
Serra de Cabreira

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.