especies de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Collocalia esculenta, é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos, unha das catro integradas no xénero Collocalia.
Collocalia esculenta Salangana lustrosa | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Collocalia esculenta en voo | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Collocalia esculenta (Linnaeus , 1758) |
Propia da illa indonesia de Sulawesi, estendéndose cara ao leste até Nova Guinea, o arquipélago de Bismarck e as illas Salomón; como todas as salanganas,[2] refúxiase pola noite e nidifica en covas.
A especie tipo son os espécimes que viven en Ambón, unha das illas Molucas de Indonesia.[3]
A especie foi descrita en 1758 por Carl von Linné (Linnaeus), na 10ª edición do seu Systema Naturae,[4] co nome de Hirundo esculenta (debido a que, pola súa morfoloxía, semellaba ser unha anduriña).
Para a do xénero, véxase Collocalia.
O epíteto específico, esculenta, é o feminino do adxectivo latino ēsculentus. -a, -um, "comestíbel", "bo como para comer".[5]
Ademais de polo nome actualmente válido, a especié coñécese tamén polo protónimo que lle deu Linneo:[4]
Debido á brillantez da súa plumaxe, que contrasta coa doutras salanganes, que a teñen mate, na maioría dos idimoas coñécese co nome de salangana lustrosa (coas adaptacións propias de cada lingua).
Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC), organización cuxas decisións seguen a maioría dos ornitólogos, recoñece na actualidade (2019) as 17 subespecies seguintes:[6]
Porén, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS) recoñece 32,[7] o mesmo que BioLib.[8]
Collocalia esculenta mide de 9 a 11,5 cm de lonxitude. A súa plumaxe é brillante, de cor negra azulada polas partes superiores, incluíndo o píleo; ás veces se ve negra e cunha carapucha. A peituga é negra; o ventre e os flancos son brancos con finas moutas negras nas marxes. As puntas das ás son arredondadas, e as partes inferiores delas, negras. A cola é arredondada cunha fendedura pouco profunda e pequenas bandas brancas. É tan semellante a Aerodramus spodiopygius que deben observarse tanto as súas partes superiores como as inferiores de ambas as aves para distinguilas.[9]
Esta especie nidifica dentro de covas e edificios, contruíndo os niños en superficies verticais ou debaixo de estruturas ou superficies horizontais, segregando un xel pegañento e unindo unha especie de herba en forma de corda á súa superficie.[10] Pode verse voando sobre bosques, ríos, regatos e camiños, cazando insectos en voo.
Parellas de Collocalia esculenta consideráronse como posíbeis padres adoptivos para restauraren poboacións en perigo de extinción de Aerodramus fuciphagus nas Illas Andamán.[11]
Collocalia esculenta distribúese pola India, Myanmar, Tailandia, Malaisia, Singapur, Indonesia, Timor, Brunei, Illas Christmas, Filipinas, Papúa Nova Guinea, Illas Salomón, Vanuatu e Nova Caledonia. E é divagante en Australia.[1] Non é migrante.[12]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, a pesar de que a tendencia de poboación parece diminuír, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para aproximarse aos limiares de "vulnerábel", polo que a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.