From Wikipedia, the free encyclopedia
Os cólidos ou colíidos (Coliidae) son unha familia de aves, a única da orde Coliiformes. Son un grupo pequeno próximo aos paseriformes que non teñen afinidades claras doutros grupos. Este grupo habita só na África subsahariana, e é a única orde de aves confinada completamente a ese continente, aínda que puido ter unha distribución maior no pasado; hai un fósil do Eoceno en Inglaterra. Inclúe só seis especies actuais.[1]
Son aves agrisadas ou marrón claras cunha suave plumaxe, o corpo delgado e a cola delgada e moi longa. Son arborícolas e móvense entre as follas coma os roedores en busca de bagas, froita e agromos. Este hábito, e as súas patas, dá lugar ao nome inglés do grupo "paxaros rato".
Son acrobáticos, e pode alimentarse ao revés. Todas as especies teñen poutas fortes e os dedos exteriores dos pés reversibles. Tamén teñen cristas e os peteiros cerdosos.
Son gregarios, viven en lugares lixeiramente arborados. Estes paxaros constrúen os niños de poliñas en matogueiras. Poñen tipicamente de dous a catro ovos, nacendo axiña un pito moi precoz, que axiña deixa o niño e adquire capacidade de voar.
Hai dúas subfamilias, cada unha cun só xénero. Existen fósiles pertencentes á familia: Primocolius sigei, Primocolius minor, Limnatornis paludicola, Limnatornis archiaci e Colius palustris.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.