Codex Gigas
manuscrito do século XIII / From Wikipedia, the free encyclopedia
O codex Gigas (ou a Biblia do Demo) é un manuscrito en pergameo escrito a comezos do século XIII en latín. Foi considerado na súa época coma a «oitava marabilla do mundo» debido ás súas dimensións (92 x 50,5 x 22 cm), o seu grosor de 624 páxinas e os seu peso de 75 kg.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
A obra foi feita a man por un monxe beneditino, que tamén era copista e grafista, no mosteiro de Podlažice (en Chrudim, centro da actual República Checa), e foi destruído durante as guerras relixiosas do século XV.
Está decorado con tintas vermellas, azuis, amarelas, verdes e douradas. Cun excelente estado de conservación, conserva a unidade estilística coa que foi creado.