Cocos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Cocos son dous bonecos das romarías de Ribadeo caracterizados polos seu gran tamaño (uns 3,50 m de altura) e mais por estar construídos e vestidos arredor dunha armazón de madeira (na actualidade, metal) para seren transportados por persoas situadas no seu interior. Os Cocos son a parella figurada máis representativa de Ribadeo. Tense constancia deles polo menos dende que en 1870 foran doados os cartos para a súa construción (960 reais de billón) por Xosé María Iglesias, segundo parece para contribuír o maior recoñecemento das festas do Carme, que naqueles tempos eran tanto ou máis importantes que as patronais de setembro. Foron empregados nos esqueletos e traxes 917 Rs. Dende o ano 2006, os Cocos están reproducidos na praciña de San Roque da vila, dando a benvida a todos os visitantes a Ribadeo.
- Este artigo trata sobre un boneco folclórico, para o xénero de palmeiras de coco, véxase Cocos (xénero).