Cociña
espazo especialmente equipado para a preparación da comida / From Wikipedia, the free encyclopedia
A cociña é un espazo ou lugar dun edificio especialmente equipado para a preparación, cocción e degustación dos alimentos e pratos (comida). Normalmente dispón de auga corrente e diversos aparellos electrodomésticos. En casas pequenas adóitase atopar a cociña-comedor para aforrar espazo.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d2/Pfanne_%28Antihaftbeschichtung%29.jpg/220px-Pfanne_%28Antihaftbeschichtung%29.jpg)
Tamén é a arte e técnica de preparar os alimentos para o seu consumo por parte de seres humanos.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e9/M%C3%A5leri%2C_genrebild._K%C3%B6ksinteri%C3%B6r_-_Skoklosters_slott_-_88962.tif/lossy-page1-640px-M%C3%A5leri%2C_genrebild._K%C3%B6ksinteri%C3%B6r_-_Skoklosters_slott_-_88962.tif.jpg)
A cociña pode xuntar tódalas nocións prácticas en torno á selección e compra dos ingredientes para a fabricación da comida. Está igualmente asociada á arte da mesa, á enoloxía e a gastronomía.