![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/aa/Cronoflagelado2.svg/langgl-640px-Cronoflagelado2.svg.png&w=640&q=50)
Coanoflaxelados
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os coanoflaxelados (clasificados modernamente como Choanoflagellatea) son un grupo de organismos unicelulares eucariotas flaxelados de vida libre ou coloniais considerados xeralmente como o grupo máis emparentado cos animais. Os coanoflaxelados teñen unha morfoloxía celular peculiar caracterizada por unha forma ovoide ou esférica e un diámetro de 3–10 µm cun só flaxelo apical rodeado por un colar de 30–40 microvilosidades ou microvilli (ver a figura). O movemento do flaxelo crea correntes de auga que por unha parte impulsan empuxando aos coanoflaxelados na súa natación libre a través da columna de auga, e ademais xeran correntes nas que atrapan bacterias e detritos contra o seu colar de microvilli, onde este material alimenticio é fagocitado. Son importantes no ciclo do carbono global nos niveis tróficos do mar. Ademais do seu papel ecolóxico, os coanoflaxelados son especialmente interesantes para os biólogos evolutivos que estudan a orixe da multicelularidade en animais. Como os coanoflaxelados se consideran os parentes vivos máis próximos dos animais, serven como modelos útiles para facer a reconstrución do antepasado unicelular último do que desceden os animais.
Coanoflaxelados Rango fósil: Non se coñecen fósiles; as evidencias dos reloxios moleculares indican que se orixinaron hai 1050-800Ma[1] | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Familias | |||||||||||
Codonosigidae | |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
Craspedophyta[2] |