Club Balonmán Cangas
equipo de balonmán de Cangas / From Wikipedia, the free encyclopedia
O BM Cangas do Morrazo ou Frigoríficos do Morrazo por motivos de patrocinio, é un club de balonmán profesional da localidade pontevedresa de Cangas (Galicia). Fundado en 1961, actualmente xoga na División de Honra A, tamén coñecida como Liga ASOBAL logo dunha tempada na que ascendeu por terceira vez da División de Honra B nunha fase de ascenso organizada no seu campo, o pavillón do Gatañal. O BM Cangas está considerado un clásico da Liga ASOBAL. Tralo primeiro ascenso en 1995 estivo ata 2006 ininterrompidamente. O Club Balonmán Cangas chegou disputar dúas veces a segunda competición de clubs a nivel europeo, a Copa EHF.
Balonmán Cangas | |||
---|---|---|---|
Equipo do Cangas nas semifinais da Copa Galicia 2014 | |||
Nome completo | Club Balonmán Cangas | ||
Cidade | Cangas, ![]() | ||
Historia | 1961- | ||
Fundado | 1961 | ||
Pavillón | O Gatañal (2 500 espectadores) | ||
Presidente | Manuel Adolfo Camiña Fernández | ||
Adestrador | Ignacio Moyano Martínez | ||
Competición | Liga ASOBAL | ||
Cores | Azul e branco | ||
Na rede | |||
http://www.balonmancangas.com/ | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Sitio web Sitio web oficial |
Os xogadores do equipo visten unha camisola azul escura e amarela, e pantalón coas mesmas cores como primeira equipación, mentres que a segunda equitación é branca e celeste. A súa pista de xogo, despois de trasladarse dende o Polideportivo de Romarigo, é o Pavillón do Gatañal, tamén sede oficial do club, que conta con capacidade para 2 500 espectadores. O seu actual presidente é Manuel Adolfo Camiña Fernández. O club tamén dispón dun filial no Grupo A da Primeira Nacional, o Balonmán Luceros.