aplicaión informática ou computadora que accede a un servizo remoto From Wikipedia, the free encyclopedia
O cliente é unha aplicación informática ou un computador que consome un servizo remoto noutro computador coñecido como servidor, normalmente a través dunha rede de telecomunicacións.[1] Tamén se pode definir que un cliente é calquera cousa (que non sexa un servidor) que se conecta a un servidor.[2]
O termo usouse inicialmente para os chamados terminais parvos, dispositivos que non eran capaces de executaren programas por si mesmos, mais podían conectarse e interactuar con computadores remotos por medio dunha rede e deixar que este realizase todas as operacións requiridas, mostrando despois os resultados ao usuario. Utilizábanse sobre todo porque o seu custo neses momentos era moito menor que o dun computador. Estes terminais parvos eran clientes dun computador mainframe por medio do tempo compartido.
Hoxe adóitase utilizar para referirse a programas que requiren especificamente unha conexión a outro programa, ao que se denomina servidor e que adoita estar noutra máquina. Xa non se utilizan por criterios de custo, senón para obter datos externos (por exemplo páxinas web, información actualizada sobre parámetros climáticos, ou bases de datos, etc.), interactuar con outros usuarios a través dun xestor central (por exemplo os protocolos BitTorrent ou IRC), compartir información con outros usuarios (servidores de arquivos e outras aplicacións Groupware) ou utilizar recursos dos que non se dispón na máquina local (por exemplo impresión).
Un dos clientes máis utilizados, sobre todo pola súa versatilidade, é o navegador web. Moitos servidores son capaces de ofrecer os seus servizos a través dun navegador en lugar de requirir a instalación dun programa específico.
Existen varios tipos de clientes, dependendo da cantidade de tarefas que realice o cliente en comparación co servidor.
Un cliente pesado pode almacenar datos locais, e ten a capacidade de procesar datos.
Un cliente livián non pode almacenar datos locais, nin ten a capacidade de procesar datos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.