elemento arquitectónico, doela central que pecha un arco ou unha bóveda. From Wikipedia, the free encyclopedia
A clave (ou chave) é a doela central dun arco, ou unha bóveda. Adoita ser de maiores dimensións que as demais doelas, e a miúdo está decorada, pero non por razóns funcionais senón estéticas.
A clave, do mesmo xeito que as doelas, susténtase debido á forma destas pezas, pois as súas caras laterais, cortadas en ángulo, transmiten lateralmente parte das tensións, equilibrándoo, e evitando que se esborrallen baixo unha carga vertical. A tensión horizontal da doela inferior transmítese ao muro, ou a outro arco, e a vertical transmítese ao muro ou a un alicerce.
A última peza que se coloca na construción dun arco é a clave. Ata que esta non se atopa colocada no seu lugar é necesario apear (soster) as doelas do arco, posto que se atopa inestable. Para iso utilízase unha cimbra, unha estrutura de madeira, ou metal, con forma de arco, que sustenta as doelas e só se retira unha vez completado o arco, ao colocarse a clave.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clave |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.