Claustro
galería con columnas que rodea o patio interior dun mosteiro ou igrexa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un claustro (do latín claudere, co significado de "pechar") é un patio cuadrangular que ten nos seus catro lados unha galería porticada con arcadas ou arquerías que descansan en columnas ou dobres columnas. Os claustros adoitan estar edificados a continuación dunha das naves laterais dunha catedral ou da igrexa dun mosteiro. Cada galería toma o nome de panda e en cada panda distribúense os distintos espazos necesarios para a vida monacal ou catedralicia. Adoita ser lugar de recollemento. O patio está case sempre axardinado e no centro atópase unha fonte ou un pozo.