![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/be/Zapotecos.png/640px-Zapotecos.png&w=640&q=50)
Civilización zapoteca
Civilización mesoamericana que habitou en Oaxaca, Guerrero e Puebla / From Wikipedia, the free encyclopedia
A civilización zapoteca[1] foi unha civilización precolombiana que habitou no val de Oaxaca, en Mesoamérica. As evidencias arqueolóxicas demostran que a súa cultura se remonta a hai 2 500 anos. Os zapotecos deixaron numerosas evidencias arqueolóxicas na antiga cidade de Monte Albán na forma de edificios, canchas de pelota, magníficas tumbas e xoias de ouro finamente traballadas. Monte Albán era unha das meirades cidades de Mesoamérica e o centro do estado zapoteco que dominou a meirande parte do territorio que hoxe se coñece como o estado mexicano de Oaxaca.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/be/Zapotecos.png/640px-Zapotecos.png)