Citoxenética
From Wikipedia, the free encyclopedia
A citoxenética é esencialmente unha rama da xenética, pero que forma parte tamén da bioloxía celular/citoloxía, que estuda o número, morfoloxía e anormalidades dos cromosomas[1][2] e o seu comportamento na célula, especialmente durante a mitose e a meiose.[3] As técnicas utilizadas inclúen a determinación de cariotipos, a análise do bandeado G dos cromosomas ou outras técnicas de bandeado, así como as técnicas de citoxenética molecular como a hibridación fluorescente in situ (FISH) e a hibridación xenómica comparativa (CGH).
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/dc/Bcrablmet.jpg)