![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ab/Cytochrome_C_Oxidase_1OCC_in_Membrane_2.png/640px-Cytochrome_C_Oxidase_1OCC_in_Membrane_2.png&w=640&q=50)
Citocromo c oxidase
From Wikipedia, the free encyclopedia
A citocromo c oxidase ou Complexo IV respiratorio é un complexo encimático co número EC 1.9.3.1 que forma o último elemento da cadea de transporte de electróns respiratoria, polo que é unha grande complexo proteico transmembrana que se encontra na membrana mitocondrial interna dos eucariotas e na membrana plasmática das bacterias.
Citocromo c oxidase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||
Estrutura cristalina da citocromo c oxidase bovina nunha bicapa fosfolipídica. O espazo intermembrana está arriba na imaxe. Adaptado de PDB 1OCC. (É un homodímero nesta estrutura). | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Número EC | 1.9.3.1 | ||||||||
Número CAS | 9001-16-5 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
|
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/72/Mitochondrial_electron_transport_chain-gl.png/640px-Mitochondrial_electron_transport_chain-gl.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/20/Komplex_IV.png/640px-Komplex_IV.png)
Recibe un electrón de cada unha das catro moléculas de citocromo c da cadea, e transfíreos a unha molécula de oxíxeno, convertendo o oxíxeno molecular en dúas moléculas de auga, para o cal se une a catro protóns procedentes da fase acuosa do interior da mitocondria. Ademais transloca catro protóns a través da membrana, axudando a establecer unha diferenza na cantidade de protóns a cada lado da membrana, creando un potencial electroquímico na membrana que se utilizará para activar a ATP sintase (fosforilación oxidativa) para que produza ATP, molécula na que se almacena enerxía.