![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/Cirrus_over_Warsaw%252C_June_26%252C_2005.jpg/640px-Cirrus_over_Warsaw%252C_June_26%252C_2005.jpg&w=640&q=50)
Cirrus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Cirrus ou Cirros, abreviadamente Ci, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, caracterízanse por se presentaren illadas, a xeito de filamentos brancos e delicados, ou de bancos ou bandas estreitas, brancas ou case brancas. Teñen unha aparencia fibrosa, semellante aos cabelos dunha persoa, ou dun brillo sedoso ou das dúas características a un tempo.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cirro.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/Cirrus_over_Warsaw%2C_June_26%2C_2005.jpg/640px-Cirrus_over_Warsaw%2C_June_26%2C_2005.jpg)