Circuíto de Pedralbes
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Circuíto de Pedralbes é un circuíto de carreiras urbano situado nas rúas do barrio de Pedralbes de Barcelona, España, no que se celebraron carreiras de motocicletas e de automóbiles entre 1946 e 1955. Foi o primeiro circuíto español no que se celebraron carreiras de Fórmula 1.
Circuíto de Pedralbes | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Carreiras | |
Localización | Barcelona, España |
Lonxitude | 6´316 km |
Curvas | 6 |
Volta rápida (1951) | 2:16.93 |
Piloto récord | Juan Manuel Fangio |
Escudería récord | Alfa Romeo |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
Tiña unha lonxitude de 6.316 metros. Estaba delimitado polas rúas Avenida do Generalísimo Franco (actual Avenida Diagonal), Numancia, Paseo Manuel Girona, Avenida da Victoria (actual Avenida de Pedralbes) e estrada de Cornellà a Forgas de Tordera (actual Avenida de Esplugues).
Acolleu dous grandes premios de Fórmula 1, en 1951 e 1955.
O desastre ocorrido no circuíto da Sarthe en 1955 provocou un troco nas medidas de seguridade dos circuítos que obrigou a clausurar o circuíto de Pedralbes. Barcelona concibiu entón outro circuíto urbano en Montjuic, o circuíto de Montjuic.