From Wikipedia, the free encyclopedia
O merlo acuático[Cómpre referencia] ou merlo rieiro[1][2][3], Cinclus cinclus, é unha ave paseriforme pertencente á familia Cinclidae. O seu hábitat inclúe contornas acuáticas de Europa. Os merlos acuáticos adoitan vivir nas beiras de ríos rápidos de montaña, aínda que se poden atopar individuos erráticos en lagoas de montaña. A súa preferencia polas augas non contaminadas converteuno nun bioindicador da pureza dun río.
Merlo acuático | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Cinclus cinclus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
A súa plumaxe é pardo escura con peito branco. Pálpebra branca moi visible cando parpadea. Tamaño duns 18 cm de altura e 30 de envergadura. Non hai diferenciación sexual.
A súa alimentación é case exclusivamente a base de insectos.
Mergúllase nunha media de 3 segundos. O seu sangue pode portar máis osíxeno que o doutros paseriformes, o que lles permite permanecer baixo a auga ata 30 segundos, aínda que por norma xeral non excede dos 10 ou 20 segundos. As súas adaptacións permítelle mergullarse e camiñar polo fondo do río para alimentarse de insectos, axudándose do seu bater de ás se a corrente é forte. Atopa os insectos revirando os coios do leito do río.
O merlo acuático aniña preto da auga, nunca a grandes alturas, en árbores, pontes e gretas. As postas varían entre os 4 e os 6 ovos, brancos e duns 26x18 milímetros, que son incubados unicamente pola femia. Os pitos eclosionan aos quince días da posta, e son cebados por ámbolos dous adultos durante aproximadamente un mes, ata que deixan o niño. As parellas de merlos adoitan pór dúas postas na mesma primavera, aínda que a segunda con unicamente 3 ou 4 ovos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.