Staré Město
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Staré Město (do checo: Cidade Vella) é o asentamento orixinal da cidade de Praga, República Checa. Foi separada do exterior por un foxo semicircular e unha muralla, conectada ao río Moldava nos seus extremos. O foxo está hoxe cuberto polas rúas (de norte a suroeste) Revolučni, na Příkopě, e Národni, que seguen a ser o límite oficial da distrito de Staré Město.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | República Checa | ||||
Concello con privilexios | Praga | ||||
Administrative district of Prague (en) | Prague 1 (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.272 (2021) (4.862,02 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1,29 km² | ||||
Bañado por | Río Moldava | ||||
Altitude | 206 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Sucedido por | Q12031740 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Old Town (en) | Václav Krocín starší z Drahobejle (en) (1584–1605) Jan Václav Vejvoda ze Stromberka (en) (1745–1757) Jan Václav Blažej Friedrich z Friedenberka (en) (1757–1783) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 110 00 | ||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | → Europa-América do Norte | ||||
Data | 1992 (16ª Sesión) | ||||
Identificador | 616bis-001 | ||||
Pouco despois da expansión da cidade, levada a cabo durante o século XIV por Carlos IV, coa fundación da Nové Město (do checo: Cidade Nova), o foxo e a muralla foron desmantelados. Algúns lugares destacados de Staré Město son a Sinagoga Vella-Nova, a Praza de Staré Město e o Reloxo Astronómico. Cruzando o río Moldava está o histórico distrito de Malá Strana. Estás dúas partes da cidade están conectadas pola Ponte de Carlos. O barrio de Josefov está localizado no recuncho noroeste da Cidade Vella.
Dende os seus primeiros anos, ao redo do século IX, Staré Město medrou a partir dos asentamentos que apareceron na ampla praza de mercado situada á beira do Moldava. Segundo algúns rexistros do ano 1100 celebrábase na nomeada praza un mercado cada sábado, ademais dalgunhas grandes concentracións militares esporádicas. Grazas ao comercio, os comerciantes da zona fixéronse ricos e o rei Wenceslau I concedeulles o privilexio de municipio, conformándose así a cidade de Město Pražské (cidade de Praga). De acordo cos antigos rexistros, a muralla que rodeaba cidade tiña ao redor de trece portas e estaba circundada por un foxo de gran tamaño, o que proporcionando unha forte defensa. No século XIV a cidade foi ampliada coa fundación da Nové Město (Cidade Nova) polo emperador Carlos IV. O foxo e o muro foron desmantelados ao pouco tempo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Staré Město |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.