From Wikipedia, the free encyclopedia
O ciclo de Krebs inverso ou ciclo de Krebs redutivo (tamén ciclo do ácido cítrico inverso ou redutivo, ou ciclo do ácido tricarboxílico inverso ou redutivo) é unha secuencia de reaccións metabólicas que utilizan algunhas bacterias para producir compostos carbonados a partir de dióxido de carbono e auga.
Esta vía metabólica é o ciclo de Krebs ou ciclo do ácido cítrico funcionando en sentido inverso: Mentres que ao ciclo de Krebs se incorporan moléculas carbonadas relativamente complexas, que se oxidan nel e liberan CO2 e auga, o ciclo inverso fai o contrario, toma CO2 e auga para fabricar compostos carbonados complexos. Este proceso utilízano algunhas bacterias para sintetizar compostos carbonados, ás veces usando hidróxeno, sulfuro, ou tiosulfato como doantes de electróns.[1][2] Este proceso, pode considerarse como unha alternativa á fixación de carbono inorgánico no ciclo da pentosa fosfato redutivo; este último ten lugar nunha ampla variedade de microorganismos e organismos superiores.
Esta vía metabólica é un posible candidato a ser unha das reaccións prebióticas que se producían nas condicións iniciais reinantes na Terra primitiva, polo que é de interese para o estudo da orixe da vida. Descubriuse que algunhas das reaccións da vía poden ser catalizadas por minerais.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.