A xunca doce ou herba da bóla[1], Cyperus esculentus, é unha planta herbácea cosmopolita de follas longas e finas que produce un tubérculo coñecido como chufa, nome co que tamén se coñece a planta. Cultívase tradicionalmente en España, nos arredores de Valencia para a produción de orchata.
Xunca doce | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cyperus esculentus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Cyperus esculentus L., 1753 |
Etimoloxía
Xunca ou xonza provén do latín juncea, que significa "de xunco", isto é, "planta de xunco"[2].
Gastronomía
Os tubérculos son comestíbeis e teñen un sabor de noces lixeiramente suave, parecido cun tubérculo de gusto máis amargo relacionado, Cyperus rotundus. Son bastante duros e, xeralmente, postos a remollo antes de seren inxeridos. Teñen varios usos; en particular, para fabricar o refresco coñecido como "orchata"[3].
As chufas teñen un excelente valor nutricional, cunha cantidade de calorías semellante á das olivas. Son ricas en minerais, principalmente fósforo e potasio. Tamén carecen de colesterol e glute e teñen pouco sodio. O seu aceite contén 18 por cento de ácidos graxos saturados (ácido palmítico e ácido esteárico) e 82% de ácidos graxos insaturados (ácido oleico e ácido linoleico).[4]
O refresco feito a partir das chufas pode usarse na dieta dos intolerantes á lactosa.
Aceite
Considerando que os tubérculos conteñen de 20 a 36 por cento de aceite, é posible a súa utilización na produción de biodiesel.