Christijan Albers
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Christijan Albers, nado en Eindhoven o 16 de abril de 1979, é un expiloto neerlandés de Fórmula 1 e de DTM. Conduciu para Minardi, Midland e Spyker en F1, e para AMG-Mecerdes en DTM, onde acadou un segundo e un terceiro na clasificación final en 2003 e 2004.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1979 (45 anos) Eindhoven, Países Baixos |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Páxina web | christijan.com |
Iniciouse nos karts obtendo o campionato nacional danés da disciplina en 1997. Nese mesmo ano tamén foi campión na Fórmula Ford 1800 nos Países Baixos e Bélxica, e participou na serie Renault Mégane.
En 1998 pasou ao Campionato de Alemaña de Fórmula 3, categoría na que obtivo o título no 1999 tras gañar en 6 carreiras. No seguinte ano participou no campionato internacional de Fórmula 3000 e tamén na Fórmula europea.
No 2001 Albers participou na DTM, categoría na que obtivo o subcampionato tras acadar 4 vitorias. Ao mesmo tempo desenvolveu actividades coma piloto de probas da escudaría Minardi de Fórmula 1, e pilotou o bipraza do equipo empregado para fins promocionais. En novembro de 2004 obtivo o mellor rexistro nas probas de Misano di Gera d'Adda.
Albers foi confirmado para a tempada 2005 de Fórmula 1 como piloto titular de Minardi. Non acadou resultados de relevancia nas primeiras carreiras do ano. Ao finalizar a tempada, na que conseguiu catro puntos no Gran Premio dos Estados Unidos, Albers foi confirmado coma piloto principal de Midland F1 Racing.
Na tempada 2007 de Fórmula 1 foi confirmado piloto oficial do equipo Spyker F1 Team, xunto ao seu compañeiro de equipo Adrian Sutil, pero tralo non pagamento do seu patrocinador deixou de correr con esta escudaría, facendo o seu último gran premio en Silverstone.
Ano | Escudería | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | Posto | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2005 | AUS 9 |
MYS 13 |
BAH 13 |
SMR 9 |
ESP 9 |
MON 14 |
EUR 17 |
CAN 11 |
USA 5 |
FRA 11 |
GBR 18 |
GER 13 |
HUN 10 |
TUR 9 |
ITA 19 |
BEL 12 |
BRA 14 |
JPN 17 |
CHN 17 |
19º | 4 | |
2006 | BAH 10 |
MYS 12 |
AUS 9 |
SMR Ret |
EUR 13 |
ESP Ret |
MON 12 |
GBR 15 |
CAN Ret |
USA Ret |
FRA 15 |
GER DSQ |
HUN 10 |
TUR Ret |
ITA 17 |
CHN 15 |
JPN Ret |
BRA 14 |
22º | 0 | ||
2007 | AUS Ret |
MYS Ret |
BAH 14 |
ESP 14 |
MON 19 |
CAN Ret |
USA 15 |
FRA Ret |
GBR 15 |
EUR DNP |
HUN DNP |
TUR DNP |
ITA DNP |
BEL DNP |
JPN DNP |
CHN DNP |
BRA DNP |
25º | 0 |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Christijan Albers |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.