directora de cinema chinesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Chloé Zhao ou Zhao Ting (chinés simplificado: 赵婷; pinyin: Zhào Tíng), nada en Pequín o 31 de marzo de 1982,[1] é unha directora de cinema, produtora e guionista chinesa,[2] coñecida principalmente polo seu traballo no cinema independente estadounidense.
Obtivo un gran recoñecemento polo seu traballo no filme Nomadland, polo que recibiu os premios ao mellor filme e á mellor dirección, o que a converteu na segunda muller da historia que recibía o premio despois da cineasta estadounidense Kathryn Bigelow.[3] Porén, a súa vitoria foi censurada na China e bloqueada nas plataformas de medios chinesas.[4]
Zhao naceu en Pequín, aínda que pasou a súa adolescencia en Brighton (Reino Unido).[5][6] Marchou aos Ánxeles para finalizar o instituto.[7]
Estudou ciencias políticas en Mount Holyoke College (Massachusetts),[8] despois do que se apuntou a un programa de produción de cinema da New York University Tisch School of the Arts.[9]
Debutou como directora con Songs My Brothers Taught Me. O filme estreouse no Festival de Cine de Sundance de 2015 como parte da competición oficial estadounidense.[10] Máis tarde mostrouse no Festival de Cannes dentro da Quincena dos Directores.[11] Fortissimo Films adquiriu o filme como o seu axente de vendas internacionais e estreouse nos cinemas franceses por Diaphana Distribution. Foi candidata ao Independent Spirit Award á mellor ópera prima.[12]
En 2017, foi premiada no Festival de Cannes polo seu filme The Rider, un western contemporáneo que segue a viaxe de autodescubrimento dun vaqueiro novo tras un accidente case fatal que acabou coa súa carreira no rodeo profesional.[13] Como no seu primeiro filme, Zhao contratou un elenco de "non actores" que vivían nas localizacións da rodaxe.[14]
En 2020 gañou, polo seu filme Nomadland, o León de Ouro no Festival de Venecia e o Premio do Público no Festival Internacional de Cinema de Toronto,[15][16] e nos premios Independent Spirit, conseguiu os premios á mellor película, á mellor directora e á mellor edición.[17] Nos BAFTA de 2021, a película tamén conseguiu o premio á mellor película e dirección entre outros.[18]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.