Charla
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha charla[1] ou leria[2] (do inglés chat), é unha conversa mantida a través da rede a tempo real. Normalmente os usuarios do chat utilizan pseudónimos denominados nicks. Tamén cabe destacar que os usuarios deste tipo de medios escriben utilizando unha linguaxe simplificada, con palabras curtas, simplificando palabras e en xeral sen respectar as regras ortográficas. A acción de andar nun chat denomínase chatear.
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
![]() | Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde novembro de 2016.) |
Dentro da lingüística que estuda os xéneros discursivos, tradicionalmente facíase a clasificación entre xéneros orais e escritos. Coa aparición do chat, a claridade desta distinción rompeuse: o chat transmítese obviamente coma medio escrito pero ten certas características comúns coa oralidade:
- baixa planificación;
- instantaneidade;
- bidireccionalidade;