From Wikipedia, the free encyclopedia
Charles Greeley Abbot, nado o 31 de maio de 1872 e finado o 17 de decembro de 1973, foi un astrofísico e astrónomo estadounidense, secretario da Smithsonian Institution entre 1928 e 1944.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de maio de 1872 Wilton, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 17 de decembro de 1973 (101 anos) Riverdale Park, Estados Unidos de América (pt) |
Lugar de sepultura | Fort Lincoln Cemetery (en) |
5º Secretary of the Smithsonian (en) | |
1928 – 1944 | |
Datos persoais | |
Residencia | Washington, D.C. |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts - graduado en ciencias, Mestrado en ciencias Phillips Academy |
Actividade | |
Campo de traballo | Astrofísica |
Ocupación | astrónomo, astrofísico |
Empregador | Instituto Smithsoniano |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Lillian Elvira Moore Abbot |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Who Was Who Among North American Authors, 1921-1939 (1976 ed.) (en) , (p.1) Obálky knih, |
Abbot naceu en Wilton, Nova Hampshire gradouse na Phillips Academy en 1891 e no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1894, en física química. Samuel Pierpont Langley procuraba un axudante para o Smithsonian Astrophysical Observatory (SAO) e escolleu a Abbot en 1895 pola súa experiencia en traballo de laboratorio malia a súa inexperiencia en astronomía.
Langley especializouse en experimentos aeronáuticos, mentres Abbot actuaba de feito como o director do observatorio desde 1896. Á morte de Langley en 1906 Abbot converteuse no director. Abbot desenvolveu unha técnica para obter un valor máis axeitado para a constante solar, establecéndoa en 1.93 cal/cm²/min (1353 w/m². é o valor actual). Abbot deseñou e construíu aparellos para medir a radiación solar, como un bolómetro que serviu para medir o interior da coroa solar no eclipse de 1900 en Wadesboro, Carolina do Norte.
Abbot, como Langley, pensaba que a radiación solar era variable e que esa variabilidade podía alterar o tempo. Investigou na procura desas variacións, agardando que se puideran utilizar nas predicións meteorolóxicas e mesmo pensou que as detectara, dunha orde do 3 ó 10%. Non obstante as investigacións modernas indican que non existe esa variabilidade, agás pequenas variacións debidas ás manchas e erupcións solares. Abbot completou o mapa do espectro infravermello solar, tamén estudou a natureza da transmisión atmosférica e da absorción.
Un cráter da Lúa leva o seu nome.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.