Chía, Cundinamarca

concello colombiano do departamento de Cundinamarca From Wikipedia, the free encyclopedia

Chía, Cundinamarcamap

Chía é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, situado na provincia de Sabana Centro, a 10 quilómetros ó norte de Bogotá. Coñéceselle como «A Cidade da Lúa», en referencia á etimoloxía do seu nome, que provén da deusa muisca da Lúa, Chía. Con 132.691 habitantes (2017) é o terceiro municipio máis poboado da sabana de Bogotá.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Modelo:Xeografía políticaChía, Cundinamarca
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 4°51′48″N 74°03′10″O
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación97.896 (2005) Editar o valor en Wikidata (1.223,7 hab./km²)
Xeografía
Superficie80 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Bogotá Editar o valor en Wikidata
Altitude2.564 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorGonzalo Jiménez de Quesada Editar o valor en Wikidata
Creación1537 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Páxina webchia-cundinamarca.gov.co Editar o valor en Wikidata
Pechar

Toponimia

Thumb
Praza de Chía con representacións da Lúa.

O topónimo «Chía», tamén pronunciado como Chie en muysc cubun (lingua muisca), significa «Lúa», aínda que tamén ten os significados de «luz», «brillo», «resplandor», «ardor» (dunha fonte luminosa), «mes» e «ortiga» (planta). Porén, non se trata en rigor dunha mesma palabra con varios significados, senón de varias palabras homónimas, cada unha das cales se entendería dependendo do contexto no que fose pronunciada.[1]

Para o caso do nome do concello, o topónimo «Chía» fai referencia á Lúa como astro e como deusa da relixión muisca, en cuxa honra había un templo construído no poboado precolombiano.

Historia

Época precolombiana

Existe evidencia da presenza de poboacións humanas en Chía durante o Período Herrera, as cales foron posteriormente substituídas polos muiscas.[2]

Por tradición, o futuro zipa, herdeiro do zipazgo, era educado no Templo da Lúa de Chía, e polo xeral asumía o cargo de cacique de Chía antes de ser entronizado como zipa de Bacatá. Críase ademais que os zipas descendían da deusa Chía.

Durante o goberno do zipa Saguamanchica, o cacique de Guatavita invadira Chía e Cajicá, axudado por tropas enviadas polo zaque Michuá. Saguamanchica tivo que abandonar o asedio que nese momento emprendía contra Ubaque e partir de inmediato para tentar reprimir a sublevación de Guatavita.

En tempos do zipa Nemequene, sucesor de Saguamanchica, as tropas de Bacatá enfrontáronse ás de Zipaquirá no camiño entre Chía e Cajicá, resultando vencedor o zipa.

Conquista española

Thumb
Parque de Chía.

Despois de que os españois, ó mando de Gonzalo Jiménez de Quesada, invadiron a fortaleza militar muisca de Sumungotá (ou Busongote), en Cajicá, proseguindo o seu camiño até Chía.

O sobriño e lexítimo sucesor do zipa Tisquesusa era Chiayzaque, cacique de Chía, quen ó decatarse das novas que chegaban sobre os estraños invasores, decidiu fuxir con toda a súa corte. Correu o rumor de que o cacique, antes de emprender a fuxida, escondeu os seus tesouros nas altas penas que hai ó leste da vila, no que hoxe é Yerbabuena, aínda que nunca puideron acharse.

Os españois chegaron a Chía en tempo de Semana Santa. Alí recibiron ós embaixadores de Suba e Tuna, quen lles ofreceron mantos, ouro e outros agasallos, e expresaron tanta submisión ós españois, que dende entón foron os seus mellores aliados entre os muiscas. O cacique de Suba ofreceulle a Gonzalo Jiménez de Quesada hospedaxe no seu cercado, oferta que foi aceptada, posto que Suba estaba no camiño cara a Funza, capital do Zipazgo.

Colonia española

En 1783, durante a insurrección dos comuneiros, a marcha dos insurrectos cara a Santa Fé detívose preto da poboación de Chía, no cruzamento do río Bogotá, no que hoxe se coñece como a Ponte do Común. Alí a Real Audiencia, máxima autoridade colonial en ausencia do vicerrei e o seu representante, quen se deu á fuga, asinou unha serie de concesións ós comuneiros, principalmente co propósito de evitar que a marcha entrase a Bogotá. Máis tarde o Vicerrei derrogaría as concesións feitas.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.