político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Cesáreo Durán Álvarez, nado en Mos (Saiáns, Moraña) en 1887 e finado en 1973, foi un empresario, agrarista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1887 Mos, España |
Morte | 1973 (85/86 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Moraña | |
1936 – 1936 (destitución) | |
Alcalde de Moraña | |
1930 – 1932 ← Faustino Barros Álvarez | |
Alcalde de Moraña | |
1920 – 1923 ← Constante Diz Monteagudo – Faustino Barros Álvarez → | |
Actividade | |
Ocupación | político, empresario |
Emigrou novo a Buenos Aires. Ao retornar foi contratista de obras. Agrarista, foi elixido alcalde de Moraña o 1 de abril de 1920. Colaborou no periódico El Bólido.[1] En 1924 foi elixido secretario da Sociedad de Oficos Varios de Moraña.[2] Foi multado con 250 pesetas polo gobernador civil de Pontevedra por "hablar mal del gobrierno" en xuño de 1926.[3] Foi nomeado alcalde por Real Orde en abril de 1930.[4] Volveu ser elixido alcalde polo artigo 29 en 1931. Permaneceu no cargo ata 1932, e despois continuou como concelleiro. Espiritista, acudiu coa delegación galega ao V Congreso Espiritista Internacional de Barcelona en 1934.[5] Co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 volveu ser alcalde de Moraña. Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 houbo de agocharse e sufriu persecucións.[6]
Predecesor: Constante Diz Monteagudo |
Alcalde de Moraña 1920 - 1923 |
Sucesor: Faustino Barros Álvarez |
Predecesor: Faustino Barros Álvarez |
Alcalde de Moraña 1930 - 1932 |
Sucesor: ? |
Predecesor: ? |
Alcalde de Moraña 1936 |
Sucesor: ? |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.