Cerbère
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Cerbère (en catalán: Cervera de la Marenda) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Céret e ao cantón de Côte Vermeille e contaba con 1.573 habitantes en 2008.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Occitania | ||||
Departamento | Pireneos Orientais | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.257 (2021) (153,67 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Banyuls de la Marenda metropolitan concentration area (en) | ||||
Superficie | 8,18 km² | ||||
Altitude | 0 m-643 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Cerbère (en) | Jean-Claude Portella (en) (1995–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 66290 | ||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | cerbere-village.com |
Cerbère é o municipio francés máis oriental que é limítrofe con España. Limita concretamente con Portbou, na provincia de Xirona.
Limita con Banyuls-sur-Mer e con Portbou (España). A súa altitude oscila desde os 0 m ao nivel do Mediterráneo ata os 643 m nas Albères.
Forma parte da Costa Vermella.
No lugar que hoxe ocupa a comuna de Cerbère atopáronse numerosos restos prehistóricos, e tamén é citada en documentos tanto da Idade Antiga como da Idade Media, pero será no século XIX cando a historia de Cerbère dará un tombo radical.
O 1864 asinouse un acordo entre España e Francia para facer pasar polo Col des Belitres o ferrocarril entre os dous estados e de construír as estacións fronteirizas de Portbou e de Cerbère, que foi inaugurada en 1878. O tránsito rapidamente logrou unha grande importancia e dado a diferenza de anchura das vías españolas e francesas foi necesaria a construción de grandes instalacións para facilitar o transbordo de mercancías.
Creceu considerablemente a poboación e en 1889 creouse a comuna de Cerbère que non parou de crecer ata moi pasada a metade do século XX cando a mecanización de moitas tarefas, a competencia doutros medios de transporte e máis adiante a supresión das barreiras aduaneiras supuxo unha certa redución dos postos de traballo.
O papel económico da estación de Cerbère continúa sendo bastante importante, a pesar de todo, como o testemuñan os 2,5 millóns de toneladas de mercancías (1998) ou os 15.000 trens anuais que transitan.
Hai que destacar tamén o incremento das actividades turísticas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerbère |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.