Cerámica campaniense
cerámica romana antiga / From Wikipedia, the free encyclopedia
A cerámica campaniense ou de verniz negro[1] é un tipo de cerámica de mesa con esmalte negro orixinaria de Italia (Campania, Etruria, etc.) entre finais do século IV a.C. e o último cuarto do século I a.C. Foi abundantemente imitada por numerosos talleres da Galia, de onde chegou á Península Ibérica, especialmente, despois da Segunda Guerra Púnica.
Non confundir con Cultura do vaso campaniforme.
En Galiza comezaron a chegar despois da expedición de Décimo Xunio Bruto xunto a máis cantidade de moeda romana.[2]