From Wikipedia, the free encyclopedia
Os centrofóridos (Centrophoridae) son unha familia de elasmobranquios selaquimorfos da orde dos escualiformes (Squaliformes) propios de augas temperadas e tropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico,[1] coñecidos vulgarmente como lixas, especialmente as especies do xénero Centrophous.[2]
Centrofóridos (Centrophoridae) Lixas | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Centrophorus granulosus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
As lixas son tiburóns pequenos, de 80 a 160 cm de lonxitude. Teñen dúas aletas dorsais con espiñas estriadas. Os dentes do maxilar inferior son máis grandes que os do superior. Carecen de fosas precuadais e de quillas laterais no pedúnculo caudal.[1]
Son ovovivíparos e os embrións aliméntanse só de vitelo.[1]
A familia inclúe dos xéneros e 18 especies:[1]
Xénero Centrophorus
Xénero Deania
En augas galegas aparecen citadas na bibliografía as especies Centrophorus granulosus[3], para a que Ríos Panisse recolleu na Guarda o nome de lixa,[4] C. squamosus [5] e Deania calcea.[6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.