Un data center (do inglés "centro de datos") ou centro de procesamento de datos é unha instalación onde se concentran todos os recursos necesarios para o procesamento da información dunha organización. Ditos recursos consisten esencialmente nunhas dependencias debidamente acondicionadas (con refrixeración, sistemas anti-incendios, UPS etc.), computadoras e redes de comunicacións. Os centros de proceso de datos adóitanse denominar polo seu acrónimo CPD.

Thumb
Equipamento de comunicacións nun CPD.

Como o seu nome implica, un centro de datos pertence a unha organización, que o emprega para procesar os datos precisos para as súas operacións. Un banco, por exemplo, pode dispor dun centro de datos nos que manteña toda a información das contas bancarias dos seus clientes e que realice todas as transaccións necesarias. Practicamente toda compañía de mediano tamaño para riba dispón dalgún tipo de centro de datos e as máis grandes poden ter ducias deles. A maioría das grandes cidades contan con edificios destinados a funcionar como centros de datos en lugares seguros preto dos servizos de telecomunicacións.

Dado que a información é un aspecto crucial da maioría das operacións dunha organización, estas tenden a protexer ben os seus datos. Por iso os centros de datos se deseñan moi ben, de maneira que se garantan a integridade e funcionalidade dos seus sistemas. Isto lógrase mediante a súa distribución física e lóxica.

Distribución física

Un centro de procesamento de datos pode ocupar un cuarto dun edificio, un ou máis andares ou o edificio completo. A maior parte do equipamento consiste en servidores montados en armarios, colocados normalmente en fileiras que formas corredores entre eles, permitindo así acceder á súa parte posterior e anterior. Algúns equipos, como os computadores mainframe e os dispositivos de almacenamento son moitas veces tan grandes como os armarios mesmos e colócanse cabo deles.

O contorno físico do centro de datos mantense normalmente baixo un control estrito:

  • Emprégase ventilación ou aire condicionado para manter o cuarto morno, a non máis de 22 °C. Tamén pode haber control da humidade. Isto débese a que tanto equipamento electrónico nun espazo tan limitado xera moita calor e tende a funcionar mal se a temperatura sobe demasiado. Igualmente, demasiada humidade pode comezar a condensarse nos compoñentes internos e demasiado pouco pode causar electricidade estática que afecte os compoñentes.
  • Sistemas de alimentación eléctrica ininterrompida, ás veces mediante xeradores diésel.
  • Moitos centros de datos se montan sobre lousas cadradas elevadas para que o ar circule por baixo do chan para permitir mellor refrixeración e/ou para pasar por aí os cables eléctricos. Os cables de datos normalmente pasan por bandexas colocadas no falso teito. Se non se empregan estas losetas elevadas, téndese a recorrer a outras lousas anti-estáticas.
  • Servizo anti-incendios, con detectores de fume, portas etc. e unha división do espazo que permita illar unha zona afectada de xeito que non se estenda ao resto. Non se instalan sistemas de apagado por medio de auga, xa que o dano podería ser maior. Antes usábanse outros que empregaban CFC, que foron prohibidos polo Protocolo de Montreal polo seu efecto sobre a capa de ozono e agora argonita ou FM-200.
  • O acceso físico está controlado moitas veces e só se permite o paso a persoal seleccionado. Emprégase videovixilancia e/ou gardas de seguridade.

Infraestrutura de redes

As comunicacións nos centros de datos baséanse normalmente en redes que empregan o conxunto de protocolos TCP/IP. Os routers e switches encárganse do tráfico entre os servidores e co mundo exterior. Establécese certa redundancia obtendo as conexións de rede de varios distribuidores.

Algúns dos servidores dos centros de datos encárganse dos servizos básicos de Internet e da intranet (correo electrónico, proxies, servidores de DNS etc.

Teñen especial importancia os elementos de seguridade de rede: devasas, pasarelas VPN, sistemas de detección de intrusións etc. A rede e as aplicacións contrólanse continuamente, ás veces dende fóra do centro de datos por se se producen fallos na comunicación.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.