filósofo grego From Wikipedia, the free encyclopedia
Celso, foi un filósofo grego do século II que asumiu a tarefa de defender a cultura grecorromana e ao Imperio romano fronte ao cristianismo.
Nome orixinal | (la) Celsus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século II |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo, escritor |
Período de tempo | Imperio Romano |
Período de actividade | (Con vida en: 180 ) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Enciclopédia Judaica de Brockhaus e Efron (pt) Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) |
Aínda que o pensador cristián Oríxenes considérao epicúreo, dos escritos dedúcese que a súa principal referencia era Platón. Celso amosa un notable coñecemento do cristianismo e do xudaísmo así como das primeiras comunidades dos que el chama "galileos".
Para Celso o cristianismo é unha relixión de xentes incultas, escravos, mulleres e miserables. Estes son un perigo para a orde política e social porque se negan a ocupar cargos públicos, servir no exército e recoñecer o carácter sagrado do emperador.
Considera pueril a idea dun Deus creador da materia, aberrante a idea da encarnación do mesmo nun Xesús de Nazaret feo e sen nobreza, fillo dunha adúltera e morto ignominiosamente na cruz. A mesma consideración outorga a outras crenzas cristiáns como a resurrección da carne, que atribúe ás alucinacións dunha muller histérica. A predicación do Reino de Deus para os pecadores e non para os xustos e virtuosos resúltalle perigosa e incomprensible.
Hai unha raza nova de homes nados onte, sen patria nin tradicións, asociados entre si contra todas as institucións relixiosas e civís, perseguidos pola xustiza, universalmente cubertos de infamia, pero glorificándose coa común *execreción: son os cristiánsCelso
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.