Cefiso (mitoloxía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Cefiso, na mitoloxía grega, é a personificación do río Cefiso. Foi fillo de Océano e a titánide Tetis.
É coñecido por ser o pai de Narciso, enxendrado coa ninfa Liríope, á que Cefiso violou despois de atrapala entre as súas ondas. Narciso foi aquel que se namorou do seu reflexo nas augas.
"... a azulada Liríope; a esta o Cefiso envolveuna un día coa súa sinuosa corrente e, cativa nas súas augas, violouna. Do seu avultado ventre, a belísima ninfa pareu un meniño que xa entón pudera haber sido amado, e chamouno Narciso".(Ovidio: Metamorfosis III, 342-346)