![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ad/Migraine.jpg/640px-Migraine.jpg&w=640&q=50)
Cefalea tensional
From Wikipedia, the free encyclopedia
A cefalea tensional ou cefalalxia tensional, tamén denominada cefalea muscular ou vasomotora, é un tipo de cefalalxia continua, non pulsátil, na que o doente adoita referir unha dor opresiva, que envolta a parte alta da testa. A duración é variábel, entre uns poucos minutos e varios días e, polo xeral, non se acompaña doutros síntomas. A presenza doutras alteracións, alén da dor, fai pór en dúbida o diagnóstico. Malia que o tratamento máis idóneo é a eliminación do factor estresante, estes pacientes adoitan consultar ao neurólogo.
Datos rápidos ICD-10, ICD-9 ...
Cefalea tensional | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
![]() Muller cunha cefalalxia. | |
ICD-10 | G44.2 |
ICD-9 | 307.81, 339.1 |
DiseasesDB | 12554 |
MedlinePlus | 000797 |
eMedicine | article/1142908 |
MeSH | D018781 |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Pechar