Cayetana Fitz-James Stuart
aristócrata española, duquesa de Alba e notoria figura social / From Wikipedia, the free encyclopedia
María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y Silva, comunmente coñecida como Cayetana de Alba ou Duquesa de Alba, nada no Palacio de Liria (Madrid) o 28 de marzo de 1926 e finada no Palacio de las Dueñas (Sevilla) o 20 de novembro de 2014, foi unha aristócrata española, XVIII duquesa de Alba, xefa da Casa de Alba e connotada figura social. Foi a terceira muller que ostentou o título por dereito propio dentro da familia. Cayetana era descendente directa do Rei Xacobe II de Inglaterra a través do seu fillo ilexítimo James Fitz-James, o cal tivo co seu amante Arabella Churchill.
Segundo o Libro Guinness dos Récords, Cayetana de Alba posuía máis títulos que ningún outro nobre no mundo legalmente ante un goberno vixente que os recoñezca: era cinco veces duquesa, dezaoito veces marquesa (entre elas, marquesa de Sarria, vinte condesa (de Lemos e Ribadeo entre outros), vicecondesa, condesa-duquesa e condestablesa, ademais de ser catorce veces Grande de España.