Casco (navegación)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un casco[1] é o corpo estanco dunha nave, barco ou mesmo dun barco voador (hidrocanoa ou en inglés flying boat). O casco pode abrirse na parte superior (como un bote), ou pode estar cuberto total ou parcialmente cunha cuberta. Enriba da cuberta pode haber unha caseta ou ponte, e outras estruturas, como un mastro. A liña onde o casco se atopa coa superficie da auga chámase liña de flotación.[2] Os cascos teñen moitas variantes e poden ter formas sinxelas ou compostas (por exemplo, unha entrada fina cara a adiante e unha campá invertida a popa).