![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/75/Edificio_Ferro.jpg/640px-Edificio_Ferro.jpg&w=640&q=50)
Casa de Pedro Román
edificio da Cidade Vella de Vigo / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Casa de Pedro Román, ou Edificio Ferro, é unha construción localizada nas rúas de Joaquín Yáñez e Fermín Penzol, na Cidade Vella de Vigo. Trátase dun dos edificios históricos máis importantes da cidade. Actualmente acolle, trala súa rehabilitación, a Biblioteca Pública Central de Vigo. Anteriormente acolleu durante moito tempo os Almacenes Ferro, que acabaron dando nome alternativo ao edificio, popularmente referido na cidade hoxe coma "Edificio Ferro".
Datos rápidos Edificio, Localización ...
Casa de Pedro Román | |
---|---|
![]() | |
Edificio | |
Localización | Vigo, Galiza |
Coordenadas | 42°14′20″N 8°43′31″O |
Construción | |
Inicio | 1889 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Jenaro de la Fuente Domínguez |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar